A tenda efémera de aluguer de traxes de época xa amosa o seu catálogo no paseo marítimo de Ares
O local situado na Avda. Saavedra Meneses número 16 abre hoxe ata o sábado, 20, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00, sempre para aumentar as posibilidades de caracterización no Ares Indiano. Vestidos completos, complementos soltos, sombreiros, prendas de home, de neno e nena, de muller… Unha das novidades do Ares Indiano, […]
Aviso de recollida de enseres
Lembramos que esta mesma noite do martes, 16 de agosto, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso, ao carón dos contedores de lixo habituais. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes.
O mosteiro de Santa Catalina acolle desde hoxe a exposición “As baterías de costa da provincia da Coruña”
A mostra, cedida temporalmente ao Concello pola Deputación da Coruña, poderá visitarse no cenobio ata o 31 de agosto, baixo horario de 18 a 20 horas, de luns a domingo, e tamén de 12 a 14 horas os domingos e festivos. Nela inclúense 20 paneis nos que se recolle a localización, descrición e funcionalidades destas […]
O Concello promove un concurso e un sorteo para fomentar a ambientación de época do Ares Indiano
Entre ambas iniciativas entregaranse un total de 600 euros en premios, todos eles divididos en vales de diferentes contías que se terán que investir nos establecementos aresáns adheridos ao evento. Ao mesmo tempo que se presentaba a programación do Ares Indiano, a Concellaría de Cultura dirixida por Alma Barrón tamén desvelaba a organización de dous […]