Hoxe tivemos a última xornada dos xogos nas parroquias que organiza a Concellaría de Deportes!
Os nenos e nenas de Cervás e Chanteiro viviron ao longo de xullo e esta primeira quincena de agosto unha actividade que desexa promover a convivencia entre iguais, botar unha man na conciliación das familias e traballar na dinamización social dentro da contorna do municipio.
Un centenar de nenos e nenas súmanse ó Concurso de Castelos de Area municipal
A vixésimo segunda edición desta iniciativa volveu á praia do Xuncal despois da interrupción por mor da pandemia. Preparados coas palas, os cubos e a compañía dos monitores e monitoras, a mocidade da vila achegouse ata a praia do Xuncal para participar no XXII Concurso de Castelos de Area promovido pola Concellaría de Cultura e […]
AVISO: Corte de Auga 12-08-2022
O Servizo Municipal de Augas informa de que mañá, venres, 12 de agosto, se procederá á interrupción temporal do subministro desde as 08:30 horas ata a finalización das obras de reparación dunha fuga. O corte abarcará o núcleo rural de Seselle e na marxe dereita da estrada DP0401 (Ares- Redes) desde o cruce da avenida […]
As Sereas das Mirandas, o primeiro equipo de remo terapéutico a nivel galego, arranca coa súa actividade
Esta mesma semana, as mulleres que forman parte desta iniciativa de rehabilitación física e mental coñeceron a tipoloxía de embarcación que empregarán, un catro de mar, e iniciaron os exercicios nos ergómetros. As instalacións do Club de Remo de Ares acolleron nestas últimas datas unhas xornadas especiais: tanto este martes, 9 de agosto, coma durante […]
Unha Praza do Pedregal repleta para ver o desfile da marca Chula Fashion!
O traballo de Laura Fontán e Diego Cortizas despregouse onte coa súa característica variedade de formas, cores e deseños e poñendo en relación a cultura española coa vietnamita. Unha mostra de moda que se basea, ademais, no concepto “slow fashion” e na produción sostible, ética e inclusiva. O desfile foi tamén unha homenaxe a Diego, […]