Esta semana tampouco paramos na contorna municipal!

Temos exposición de pintura, a Milla Urbana, as nosas festas de San Roque… Unha axenda cultural e deportiva da que non podes perder nada!
Queres moverte con ritmos latinos ou practicar algo de zumba ao aire libre?

Lembra que encaramos xa a última quincena das sesións que se están a realizar na Praza da Constitución de Ares todos os martes (no caso dos bailes latinos) e todos os xoves (no caso de zumba) de 20:30 a 21:30 horas. Xa sabes: é a derradeira oportunidade para desfrutar destas actividades que forman parte da […]
5 actuacións musicais, o Congreso de Fotografía de Longa Exposición en Santa Catalina, a churrascada-sardiñada do Club de Remo, a entrega de premios do I Torneo Fútbol Sala para nenos de Chanteiro…

A fin de semana pasada en Ares encheuse de actividades para todos os públicos cunha axenda intensa e diversificada, indo dende o musical ao gastronómico ou deportivo, e exemplificando a recuperación dos ritmos da prepandemia. Aquí embaixo atoparás unha recompilación das instantáneas que nos deixaron estes días e nas que houbo, tamén, representación municipal! […]