Esta mañá, as cabrias de Redes foron testemuñas e pano de fondo do curso de kaiak que promove a área de Deportes do Concello para este verán!
Unha primeira xornada que, dende a Organización, califican de “éxito total”. A práctica do kaiak variará tamén coa posta en marcha das sesións de paddlesurf, sempre en función da climatoloxía de cada día. Aquí embaixo achegamos algunhas fotografías de hoxe mesmo!
O Concello presenta a nova edición do Ares Indiano
O evento ampliará un día a súa programación –do venres, 19, ao domingo, 21 de agosto–, apostará por novos servizos, como a posibilidade de alugar traxes de época, e manterá a política de descentralización de actividades polo municipio. O alcalde da localidade, Julio Iglesias, a concelleira de Cultura, Alma Barrón, e a edil de Turismo, […]
O Móvete VeraneAres comeza coas súas sesións de baile latino
A Praza da Constitución de Ares acolleu onte a primeira clase de baile latino inscrita dentro da programación estival do Concello “Móvete VeraneAres”. Xullo e agosto serán meses para o movemento, a música e o deporte a través da actividade organizada onte e a sesión que haberá mañá, 7 de xullo, desta volta de zumba. […]
Este venres, 8 de xullo, ás 20:00, a praia urbana de Ares acollerá un festival de danza!
Na rampla grande da vila, volverán coreografías dos musicais de Matilda e Hércules, danza de Tahití e moitas máis mostras dentro da planificación de CompArte Escuela de Danza, en colaboración co Concello.