Hoxe tivemos a primeira xornada dos xogos nas parroquias que organiza a Concellaría de Deportes tanto en Cervás coma en Chanteiro!

Deporte e diversión nunha mesma actividade que tamén desexa promover a convivencia entre iguais e traballar na dinamización social dos núcleos das parroquias. Estas son algunhas das imaxes que nos deixou a mañá!
Ares viaxará a Cerceda para desfrutar do seu parque acuático

A actividade promovida pola Concellaría de Cultura desenvolverase a próxima semana, incluíndo no seu prezo o transporte, desprazamento e monitores. A inscrición abrirá mañá, 5 de xullo, de maneira presencial na biblioteca municipal de Ares. A área de Cultura da localidade vén de anunciar unha nova actividade que achegará tanto ás familias coma aos mozos […]
Ante a demanda da actividade dentro do programa de “Xuventude Verán Activo”, o volei-praia chegará a Ares con máis grupos e un horario ampliado.

A través da colaboración do Concello co Club Narón-Volea, todos os luns e mércores haberá oportunidade para practicar deporte na praia nun horario que se compatibilice co uso dos areais! Xa podes inscribirte nos teléfonos habilitados polo Club Narón-Volea: 657 696 654 // 656 333 719.
Que podes facer esta semana en Ares?

Pois haberá danza, cine, unha mostra de folclore e ata o tradicional mercado veciñal! Bota unha ollada á axenda cultural que deixamos aquí embaixo para coñecer con máis detalle todas as actividades.