Arranca a programación cultural das Letras Galegas 2022

Lembramos que hoxe mesmo, mércores, 18 de maio, comezan as actividades relacionadas coa Semana das Letras Galegas! Obradoiro musical sobre Florencio Delgado Gurrarán, contacontos, concerto… e ata unha visita a Cedeira para achegarse ao teatro. Podes consultar toda a información cultural nestes carteis de aquí embaixo!