RESOLUCIÓN DA ALCALDIA Nº 500/22
Alcalde-Presidente
D.Julio Ignacio Iglesias Redondo
Asunto: RESOLUCIÓN ALEGACION PERSONAL DIRECCIÓN – PROCESO DE SELECCIÓN OBRADOIRO EMPREGO REINICIA IX
Rematado o proceso de selección ao abeiro das BASES REGULADORAS QUE REXERÁN A SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DO PROXECTO DE OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REINICIA IX” PROMOVIDO POLOS CONCELLOS DE ARES, MUGARDOS, CABANAS E FENE publicado no Boletín
Oficial da Provincia nº 156 de 17/08/2022.
Recibida unha segunda Alegación de Dna. Nuria Castro García ao abeiro da Resolución 469/22 de data 27/09/2022 da listaxe definitiva da contratación laboral temporal do persoal de Dirección, Docente e Aux. Administrativo do Obradoiro de Emprego REINICIA IX.
Esta Alcaldía en uso das súas competencias, e mais concretamente segundo o establecido no Artigo 21 da Lei 7/1985 do 2 de abril Reguladora de Bases do Réxime Local,
RESOLVE:
Primeiro.- Inadmitir a Alegación segunda de Dna. Nuria Castro García, presentada con data 29/09/2022 con Rexistro Núm. 2022-E-RE-1226, ao abeiro da Resolución da Alcaldía 469/22 de data 27/09/2022, por estar en presenza de un acto reproductorio anterior xa obxecto de Alegación/Resolución.
Segundo.- Indicar que segundo a notificación efectuada a Dna. Nuria Castro García , con Rexistro de Saída Núm. 2022-S-RE-705, en data 29/09/2022 recibida o día en Sede electrónica 03/10/2022 as 07:13, debe interpoñer:
“Recurso de reposición potestativo ante o Alcalde, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de Ferrol ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso- Administrativa.”
Terceiro.- Notificar en tempo e forma a Dna. Nuria Castro García.
Así o acorda e dispón o Sr. Alcalde-Presidente D. Julio Ignacio Iglesias Redondo, en Ares a, cinco de outubro de dous mil vinte e dous, e do que eu como Secretario dou fe.
O ALCALDE
D.S.M. O SECRETARIO