BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL 2 SUBALTERNOS/AS APROBADAS POLA XUNTA MUNICIPAL DE GOBERNO DO CONCELLO DE ARES CELEBRADA EN DATA 12 DE MARZO DE 2024.

Primeira.- Obxecto

Ó abeiro da subvención outorgada pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña para o obxecto do Programa é fomentar o emprego nos concellos mediante a contratación de persoal para a prestación dos servizos municipais básicos e a execución de  pequenas obras de reparación e mantemento relacionadas cos ditos servizos, ten por obxecto a contratación 2 subalternos/as en xornada de 25 horas, un de eles durante 6 meses e o outro por 5 meses.

Segunda.- Selección

A selección terá lugar entre as persoas candidatas que se presenten ao proceso de selección mediante convocatoria pública publicada mediante anuncio nun xornal dos de maior tirada da comarca, de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, igualdade, mérito e non discriminación.

No proceso selectivo, valorarase como mérito rematar favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mercado laboral organizados e/ou financiados polas Administracións Públicas. A tal fin, terán que aplicar o previsto na lexislación vixente sobre a protección e fomento do emprego do persoal en risco de exclusión social, á que se fai referencia o punto seguinte de estas bases.

Terceira.- Requisitos do persoal para contratar.

As persoas a contratar deberán estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo ou no caso de existencia de listas anteriores na data da convocatoria e atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:

a) Mulleres, ao ter un diferencial de índice de desemprego rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
b) Maiores de 45 anos.
c) Persoas desempregadas de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo dun ano inscritos como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego.
d) Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual o superior al 33%. A acreditación da discapacidade será comprobada polos concellos no proceso de selección das persoas a contratar.

e) Persoas en situación de drogodependencia.
f) Persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego.
g) Persoas con fogar monoparental.
h) Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
i) Persoas vítimas de violencia de xénero.
j) Persoas sen fogar

Cuarta.- Actividades a realizar polo persoal contratado.

O persoal contratado deberá realizar, exclusivamente, actividades relacionadas cos seguintes servizos mínimos previstos nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local:

  • Iluminación pública, cemiterio, recollida de residuos, limpeza viaria, abastecemento domiciliario de auga potable, rede de sumidoiros, acceso aos núcleos de poboación e pavimentación das vías públicas.
  • Nos municipios con poboación superior a 5.000 habitantes, ademais: parque público, biblioteca pública e tratamento de
  • Nos Municipios con poboación superior a 20.000 habitantes, ademais: protección civil, avaliación e información de situacións de necesidade social e a atención inmediata a persoas en situación o risco de exclusión social, prevención e extinción de incendios e instalacións deportivas de uso público
  • (…) A conservación, mantemento e vixilancia dos edificios de titularidade local destinados a centros públicos de educación infantil, de educación primaria ou de educación
  • Protección da salubridade pública.

Así mesmo, poderán executar pequenas obras de reparación e mantemento relacionadas cos ditos servizos.

O persoal contratado non poderá asignarse a actividades que xa estean subvencionadas noutros plans, programas ou convocatorias de subvencións da Deputación para o exercicio 2024 ou anteriores.

Quinta.- Composición comisión seleccionadora.

A Composición da Comisión Seleccionadora se determinará por Resolución da Alcaldía previa proposta do Concelleiro de Recursos Humanos, Plans, Emprego e Educación no momento da finalización do período de solicitudes dos aspirantes ao posto.

Os membros que formen parte de esta Comisión poderán ser funcionarios do Concello de Ares ou Persoal Laboral fixo.

A Comisión Seleccionadora poderá neste caso servirse de apoio de asesores que garden directamente relación e xestión co programa obxecto de financiación.

Sexta.- Presentación de solicitudes e proceso de selección.

Os aspirantes disporán dun prazo de 10 días naturais contados desde o seguinte día da publicación da convocatoria nun xornal dos de maior tirada da comarca.

En cada solicitude deberase presentar o modelo de instancia que se adxunta como Anexo I destas bases, debidamente cumprimentado, e acreditar, se é o caso, a seguinte documentación:

  • Os documentos ou informes acreditativos de que as persoas para contratar son
  • A documentación acreditativa da situación de exclusión de cada persoa traballadora:

Mulleres e persoas maiores de 45 anos Fotocopia DNI
Persoas desempregadas de longa duración Tarxeta de demandante de Emprego debidamente actualizada.

Informe do SEPE dos períodos da demanda de emprego.

Informe de vida laboral actualizado a data de solicitude.

Persoas con discapacidade Fotocopia do certificado de minusvalía, expedido polo órgano

competente.

Persoas en situación de drogodependencia, con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais, persoas con fogar no que ningún dos seus membros teña emprego, fogar monoparenta/monomarental ou

persoas sen fogar; vítimas de violencia de xénero.

Informe dos servizos sociais municipais.

Presentadas as instancias elaborarase mediante Resolución da Alcaldía unha listaxe provisional de aspirantes e de solicitantes excluídos/as indicando o motivo da súa exclusión e facilitando a estes un prazo de 5 días naturais para que poidan emendar as deficiencias detectadas na súas solicitudes e así mudar a listaxe de aspirantes definitiva.

A Comisión Seleccionadora, tendo en conta os criterios establecidos no punto terceiro de estas bases, efectuará unha entrevista coas persoas aspirantes a efectos de levar a cabo a selección, propoñendo na súa virtude as persoas aspirantes aprobadas así como unha relación de suplentes por orde de puntuación.

As persoas que figuren na listaxe definitiva de aspirantes, presentaranse no día e hora sinalados por Resolución da Alcaldía, ante da Comisión Seleccionadora para manter unha entrevista persoal, na que se avaliará a súa adecuación ó posto, en función dos criterios fixados no punto terceiro de estas bases.

Sétima.- Proposta de contratación.

Concluída a cualificación do proceso de selección, a Comisión publicará no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal a relación de todas as persoas aspirantes coa puntuación final.

A comisión seleccionadora elevará á Alcaldía a correspondente proposta de contratación a favor dos/as aspirantes que obtiveron a puntuación total máis alta (a Comisión non poderá facer proposta de contratación a favor dun número de aspirantes superior ao das prazas convocadas ou propostas posteriormente e na categoría das mesmas).

A proposta de contratación non implica a formalización inmediata do contrato de traballo, dado que previamente se terá que notificar o acordo de contratación.

Oitava.- Formalización do contrato.

Unha vez presentada e avaliada a documentación a documentación á que se refire o punto sexto de estas bases, o órgano competente da corporación procederá á contratación a favor dos/as aspirantes propostos/as pola Comisión Seleccionadora, e será nula a contratación de quen estea incurso en causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

A formalización dos contratos terá lugar ao máximo, dentro do prazo de dous meses a contar dende a data de notificación do acordo de contratación.

O acordo de contratación se notificara aos aspirantes de maior puntuación prevía  proposta do Concelleiro de Recursos Humanos, Plans, Emprego e Educación , onde se especifique a persoa a contratar e o período de contrato, coa finalidade de poder cubrir un maior servizo en función das necesidades detectadas.

Mentres non se formalicen os respectivos contratos e non se incorporen ao posto de traballo, as/os aspirantes non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.

Novena.- Renuncias ou substitucións.

No caso de extinción da relación laboral, ben sexa por substitución ou por renuncia dalgunha persoa traballadora por causas alleas ao concello, poderase contratar a outra persoa que reúna os requisitos do programa. Comunicarase á Deputación devandito cambio, que non supoñerá variación na cantidade concedida nin no prazo, mantendo a data límite do 31 de decembro de 2024, e achegará a documentación acreditativa da situación da nova persoa traballadora a contratar.

En ambos casos (renuncia ou substitución), procederase a designar os aspirantes pola orde de puntuación obtida na selección sen necesidade de nova selección, o novo contrato estenderase polo prazo que quede para remátalo prazo da relación contractual.

Décima.- Obrigas e Compromisos.

O concello poderá realizar a contratación do persoal a través do Servizo Público de Emprego ou convocando o seu propio proceso selectivo de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, igualdade, mérito e non discriminación. No proceso selectivo, valorarase como mérito ter rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas Administracións Públicas. A tal fin terá que aplicar o previsto na lexislación vixente sobre a protección e fomento do emprego do persoal en risco de exclusión social, á que se fai referencia na base sexta destas bases.

O concello deberá contratar aos traballadores por unha xornada mínima semanal de 25 horas ou a permitida pola lexislación laboral segundo o grao da discapacidade dos mesmos.

Os concellos deberán facilitar ás persoas contratadas:

  1. Roupa de traballo na que figure que o proxecto é subvencionado pola Deputación mediante a impresión na mesma dos logos do proxecto e da Deputación, dispoñibles na web dacoruna.gal.
  2. A formación prevista en materia de prevención de riscos laborais pola lexislación laboral vixente

O concello comprométese a publicitar a achega provincial e a facer constar o financiamento da Deputación provincial de A Coruña en todas as comunicacións polas que se de a coñecer a realización das actividades, ben sexa por medios escritos, radiofónicos, audiovisuais ou Internet.

O concello deberá autorizar á Deputación para obter as certificacións das administracións tributarias correspondentes e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que a entidade atópase ao corrente nas súas obrigas.

Os concellos estarán obrigados a facilitar aos servizos da Deputación Provincial toda a información que se lles demande en relación co Programa.

Undécima.- Réxime xurídico aplicable

Ademais da normativa especificada na Base 1.Réxime xurídico xeral, das bases xerais reguladoras dos programas de subvencións da Deputación Provincial da Coruña, as contratacións realizadas ao abeiro deste Programa regularanse polo Real Decreto- Lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo polo que se modifican as modalidades contractuais.

Estes cambios afectan ás modalidades contractuais que poden utilizar as Entidades Locais para dar cobertura aos contratos de duración determinada nas contratacións ligadas aos plans de emprego, ao introducir na Disposición adicional novena, unha nova modalidade de contrato á que se lle denomina contrato para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral.

Así, en virtude do anterior, os concellos adheridos ao Programa, poderán realizar as contratacións ao abeiro da convocatoria PEL-CONCELLOS, na modalidade de contrato para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, asignándolles os códigos 405, cando a contratación sexa a tempo completo, e 505 cando sexa a tempo parcial.

BASES PEL en pdf