RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 14 de marzo do 2023, sobre “APROBACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE SEIS AUXILIARES DA POLICIA LOCAL.”
Publicado anuncio da Convocatoria no Diario de Ferrol en data 10/06/2023.
Aprobada a lista provisional de admitidos e excluidos por Decreto nº 377 de data 26/06/2023 .
Presentada documentación enmenda por parte do aspirante excluido D. César López Santiago, en tempo e forma.
Esta Alcaldía en uso das competencias conferidas pola Lei 7/1985, de 2 de abril, Regulador das Bases do Réxime Local na redacción dada pola lei 57/2003, de 16 de decembro, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, a Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia e o Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
VEN EN RESOLVER:
Primeiro.- Aprobar conforme o establecido no punto 4.2 da Base 4ª, a listaxe definitiva de admitidos e excluidos, que é a que a continuación se transcribe:
Admitidos:
Apelidos e nome |
DNI |
FERRER CASAL, CARLOS | 32697***-* |
GAGO GALDO, ALEJANDRO | 76416***-* |
LÓPEZ SANTIAGO, CÉSAR | 32694***-* |
OTERO SESMONDE, ROBERTO | 32682***-* |
VILASÁNCHEZ RODRÍGUEZ, BORJA | 32716***-* |
Excluidos: ningún
Segundo.– Designar o Tribunal calificador do proceso selectivo, que estará formado do seguinte xeito:
- Presidente: D. Jaime Alberto Dominguez Fernandez, Oficial Xefe da Policía Local do Concello de Ares.
- Secretaria: Dna Mª Concepción Dragó Porta, funcionaria Concello de Ares
- Vocais:
- Javier Sánchez Romero.- Director Técnico Deportivo do Concello de Ares.
- José Manuel Mayobre Seijas, funcionario Concello de Ares Dna Isabel Margharetto Rodríguez, funcionaria Concello de Ares
Terceiro.- Acordar ao abeiro da Base 4.2 designar o lugar, data e hora de celebración do primeiro exercicio, sendo este, no salón de sesión do Concello de Ares, Avda Savedra Meneses nº 12, 1º andar, 15624, Ares, (A Coruña), o venres 7 de xullo ás 11:00 horas.
Así o acorda e dispón o Sr. Alcalde-Presidente D. Julio Ignacio Iglesias Redondo, en Ares, á data da sinatura electrónica do presente do que eu Secretario dou fe.