ESCOLA DE NENAS ALIANZA ARESANA “O LAGO”

Rúa Real, 117

Estamos diante da Escola de Nenas da Alianza, inaugurada o 3 de decembro do ano 1955. Foi construída grazas á Alianza Aresana de Instrucción (Habana, 1904), presidida por D. Antonio Castro Doval e baixo proxecto do arquitecto Rodolfo Ucha Donate. O seu custo ascendeu, xunto co do solar, a 350.000 pesetas da época.

A súa disposición en tres corpos enlazados por un ventanal de vidro, favorecía a calidade pedagóxica a través da luz, a hixiene e a racionalidade, o que supuxo un grande impulso cultural para Ares. Só dous anos despois da súa posta en marcha xa contaba con tres escolas no mesmo edificio. Dúas eran escolas de nenas e unha de párvulos.

Pero para saber máis terás que escoitar a audioguía que podes atopar aquí:

Un de Santiago, unha de Mugardos, e un de Lugo, pasean por Ares. Que nos poderán contar eles que nós non saibamos?