O Concello Ares finaliza a intervención “SUMINISTRO E INSTALACIÓN DE PANTALLA INTERACTIVA EN LA FACHADA MARÍTIMA DE ARES” cun orzamento que ascende a 14.999,44 € (IVE Engadido) e financiada co Procedemento: Subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G).
A financiación outorgada por Turismo de Galicia ascende ao 90% do orzamento subvencionable da actuación presentada, chegando a subvención proposta a esta Entidade ao importe de 13.499,50 €, e recibida ao abeiro da Resolución do 14 de marzo de 2023 da directora de Turismo de Galicia establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G) (DOG núm. 54, do 17 de marzo de 2023). A mencionada resolución foi modificada pola resolución do 11 de abril de 2023 (DOG núm. 72, do 14 de abril).
O proxecto plantexado por esta entidade “SUMINISTRO E INSTALACIÓN DE PANTALLA INTERACTIVA EN LA FACHADA MARÍTIMA DE ARES” encadrase na Liña 2: Transición dixital dos recursos con potencial turístico no litoral, e que conta coa documentación esixida nas bases da convocatoria.
Como finalidade, podemos destacar, a subministración e a instalación dunha pantalla interactiva led montada sobre poste de aceiro inoxidable AISI 316l, co que ofrecer aos visitantes a este municipio costeiro, representacións e experiencias visuais que favorezan o fomento e a promoción turística deste litoral.
A pantalla interactiva instalada e de tecnoloxía led dixital dunhas dimensións de 2×2 m, con capacidade de emitir información procedente de múltiples fontes informativas e de promoción con vídeo e imaxe, ademais de dispoñer de control interactivo desde pantalla externa táctil dixital