Convocatoria proceso selectivo creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes, vacacións, reforzo extraordinario e servizos ou ausencias que se poidan dar no posto de oficial de 1ª para o servizo de obras
ANUNCIO: CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVEN- TUAIS VACANTES, VACACIÓNS, REFORZO EXTRAORDINARIO E SERVIZOS OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NO POSTO DE OFICIAL DE 1ª PARA O SERVIZO DE OBRAS E SERVIZOS MUNCICIPAIS INTERINO OU PERSOAL LABORAL TEMPORAL
Con data 14/11/2023 aprobáronse pola Xunta Municipal de Goberno do Concello de Ares as bases que a continuación se transcriben e a convocatoria para o proceso selectivo para a creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes, vacacións, reforzo extraordinario e servizos ou ausencias que se poidan dar no posto de oficial de 1ª para o servizo de obras e servizos muncipais interino ou persoal laboral temporal no Concello de Ares, á vista do cal, procédese á súa convocatoria.
En Ares a 16 de novembro do 2023 O Alcalde-Presidente
Asdo.- Julio Ignacio Iglesias Redondo
“Dado que durante o ano 2023 a Lei 31/2022, de 23 de decembro de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023 non se pode proceder á contratación de persoal temporal, nin ao nomeamento de persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinos (art. 20.cinco) :
“No se podrá contratar personal temporal, ni realizar nombramientos de personal estatutario temporal y de personal funcionario interino excepto en casos excepcionales y para cubrir necesidades urgentes e inaplazables, en los supuestos y de acuerdo con las modalidades previstas por el texto refundido de la Ley del Estatuto de los Trabajadores, en su redacción dada por Real Decreto-ley 32/2021, de 28 de diciembre, el texto refundido de la Ley del Estatuto Básico del Empleado Público, en su redacción dada por la Ley 20/2021, de 28 de diciembre, así como en el resto de normativa aplicable.”
No presente suposto hai causas excepcionais, urxentes e inaplazables que afecta a un servizo-función considerado prioritario e que afecta ao funcionamento dos servizos públicos esenciais como é o normal funcionamento dos servizos municipais de vías, obras, servicios e mantemento así como urxencias ou actuacións que non admiten demora por afectar aos veciños e vir xustificada a contratación por causas excepcionais, urxentes e inaplazables.
O prazo máximo será de 12 meses ou 36 meses de tratarse de interinidades.
BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES, VACACIÓNS, REFORZO EXTRAORDINARIO E SERVIZOS OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NO POSTO DE OFICIAL DE 1ª PARA O SERVIZO DE OBRAS E SERVIZOS MUNCICIPAIS INTERINO OU PERSOAL LABORAL TEMPORAL
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
O obxecto da convocatoria é a creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das posibles vacantes, vacacións, reforzo extraordinario do servicio ou ausencias que se poidan dar no posto de oficial de 1ª para o Servizo de Obras e Servizos.
A presente selección regularase polo previsto nas presentes bases e no que estas non prevean polo establecido en :
- RD Lei 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público.
- Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
- Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto lexisla- tivo 781/1986, de 13 de xuño.
- Lei 5/1997, do 22 de xullo, da administración local de
- Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de
- Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local.
- Con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña a Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de
- Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal óservizo da Administración do Estado e demais disposicións aplicables, así como a orde xa citada.
- Real Decreto-Lei 32/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo.