CASA NICOLÁS LÓPEZ CANCELA

Rúa Real, 73

O emigrado na Habana, Nicolás López Cancela, adquire e rehabilita a casa do número 73 da Rúa Real no ano 1922. Se reparamos, a estrutura é semellante á da típica casa vilega do século XIX. A remuda acrecenta as galerías, as varandas, e sobre todo o lucernario, que achegan ao predio o resplandor modernista característico das casas indianas. De volumetría sinxela, ten tres fachadas homoxéneas, unha delas recuberta con pezas de zinc. Da ornamentación destaca a debuxada cornixa que oculta a cuberta dende a rúa, e dá horizontalidade a cada fachada e unidade ao conxunto.

A vivenda sitúase nun lugar privilexiado, na esquina entre a Rúa Real e a Avenida de Mugardos, preto do paseo marítimo. Un lugar preeminente na vida social aresana de principios do século XX.

Pero para saber máis terás que escoitar a audioguía que podes atopar aquí:

Un de Santiago, unha de Mugardos, e un de Lugo, pasean por Ares. Que nos poderán contar eles que nós non saibamos?