CASA DE RAMÓN CAÍNZOS

R/ Da Igrexa, 45

Sabemos da súa existencia cando menos desde 1870, e era coñecida popularmente como Pazo de Cervás. A vivenda reformouse no ano 1930, mais foi nos anos 40, cando o seu novo dono Ramón Caínzos voltou de Cuba, que a casa acadou o seu sabor indiano.

Destaca o carácter modernista das galerías, con vidros tinguidos de cores con motivos florais e elementos decorativos.

Ramón, que en Cuba rexentaba o HOTEL IDEAL ROOM, traspasou ese aquel dos salóns de festas, que aínda hoxe Susi coida co fervor de quen sabe o tesouro que ten e de quen vive nunha casa con tanta historia.

E precisamente, esta casa acolleu o salón de baile que lembraba, co seu nome, o antigo negocio de Ramón no Caribe.

Pero, para saber máis, terás que escoitar a audioguía que podes atopar aquí:

Un de Santiago, unha de Mugardos, e un de Lugo, pasean por Cervás. Que nos poderán contar eles que nós non saibamos?