CASA DE OLIVA

Avda. Gaspar Rodríguez, 40

Esta vivenda de máis de douscentos anos de antigüidade, adquiriu o seu aspecto máis ou menos actual tras unha reforma feita polo artesán portugués Domingo Pires no ano 1912 da que da fe unha inscrición que aparece no chan, diante da porta. Non sabemos se nese ano remataron as obras ou seguiron máis adiante no tempo.

Antes da reforma era unha casa tradicional, de planta rectangular, de pedra e tella do país que, despois de pasar polas mans de Pires converteuse nunha vivenda na que conviven xunto coa tradicional, a decoración modernista e a neoclásica e ata a modernista ( suprimir , repetido ).

Na parte superior da vivenda pódese ver un fornelo neoclásico, que antes estaba á altura da rúa e onde a xente prendía ( quitar o n ) candeas de aceite, pero para saber máis terás que escoitar a audioguía que podes atopar aquí:

 

Un de Santiago, unha de Mugardos, e un de Lugo, pasean por Redes. Que nos poderán contar eles que nós non saibamos?