O Concello de Fene por Decreto da Alcaldía nº 912/2023 de data 4 de setembro de 2023 aprobou as seguintes bases:

BASES REGULADORAS QUE REXERÁN A SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO E DOCENTE DO PROXECTO DE OBRADOIRO EMPREGO DE GARANTÍA XUVENIL “INICIA VII” PROMOVIDO POLOS CONCELLOS DE FENE,ARES,CABANAS E MUGARDOS

1.- Obxecto da convocatoria e principios de actuación

A través do procedemento de selección que se sinala nestas bases e de conformidade co disposto na lei 5/2015 de 30 de outubro do Estatuto Básico do Empregado público, a lei 7/1985, de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, a lei 2/2015 do 29 de abril do emprego público de Galicia, e demáis disposicións de pertinente aplicación, o obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal do seguinte persoal para a xestión e o desenvolvemento do obradoiro de emprego:

  • un/unha director/a (xornada completa)
  • un/unha docente para impartir o certificado de profesionalidade de (FMEC0108) Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial de nivel 2 (xornada completa)
  • un/unha docente de ensino básico (50% xornada)
  • un/unha docente de formación empresarial 50% xornada)

A selección do persoal directivo e docente participante no proxecto que se vai poñer en funcionamento será realizada pola entidade promotora mediante un procedemento específico atendendo ás prioridades do proxecto, aos itinerarios formativos e a criterios de igualdade e obxectividade.

Nos criterios de selección de todo o persoal procurarase a maior adaptación das persoas que se van seleccionar ás especialidades e as particulares circunstancias de dificultade destas.

O órgano de selección do proceso actuará sempre de acordo as principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración, eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos, igualdade e non discriminación.

2.- Publicidade do proceso

As presentes bases reguladoras do proceso de selección do persoal unha vez aprobadas pola entidade promotora exporanse ao público no taboleiro de anuncios do Concello de Fene e na páxina web do Concello de Fene (https://fene.gal) , así como nos taboleiros e webs dos concellos de Ares, Cabanas e Mugardos. Ademais, enviaránse á oficina de emprego e tamén serán remitidas á Xefatura Territorial correspondente.

Todas as fases do proceso se darán a coñecer no taboleiro de anuncios do Concello de Fene e na páxina web do Concello de Fene, así como nos taboleiros e nas páxinas web dos concellos de Ares, Cabanas e Mugardos.

Publicarase un anuncio para a apertura do proceso no BOP

Rematado o procedemento de selección a entidade promotora remitirá á oficina de emprego e á Xefatura territorial correspondente, a documentación xustificativa do procedemento e a relación das persoas seleccionadas como, persoal directivo e docente que debará verificar que cumpre todos os requisitos necesarios para participar no proxecto.

O proxecto non poderá dar comezo en tanto a Xefatura territorial non comprobe que todo o persoal docente reúne os ditos requisitos.

BASES REGULADORAS QUE REXERÁN A SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO E DOCENTE DO PROXECTO DE OBRADOIRO EMPREGO DE GARANTÍA XUVENIL “INICIA VII” en pdf