O 9.01.2023 asinouse o Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo no  marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. O ámbito territorial do Grupo abrangue os Concellos de Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Narón e Ferrol.

O GALP Golfo Ártabro Norte debe contar co persoal necesario con formación e capacidade para a realización das funcións que ten encomendadas como entidade colaboradora da Consellería do Mar na xestión da EDLP do GALP no período FEMPA 2021-2027. A cláusula 17ª do Convenio de colaboración establece as características e condicións do persoal do GALP e a súa selección e recolle que o equipo técnico estará formado por a xerencia, persoal técnico e persoal administrativo.

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en sesión celebrada o 23.01.2024 aprobou as bases reguladoras da convocatoria para a selección e contratación dun/ha auxiliar administrativo/a da Asociación Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte que se recollen a continuación:

  1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

O obxecto desta convocatoria é a selección e contratación laboral da persoa que desempeñará o posto de Auxiliar Administrativo/a do GALP Golfo Ártabro Norte na xestión da Estratexia do Grupo no marco do FEMPA.

A selección farase tendo en conta os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade da convocatoria.

  1. CARACTERÍSTICAS DO POSTO Denominación: Auxiliar Administrativo/a Titulación mínima requirida: ESO ou equivalente

Réxime de contratación: Contratación laboral, séndolle de aplicación as fontes do ordenamento laboral que establece o Estatuto dos Traballadores.

Modalidade de contratación: O contrato será de carácter indefinido e a tempo parcial, establecéndose unha xornada de 25 horas semanais. Establécese un período de proba de un mes.

Retribución bruta anual: Será a que figure nos orzamentos do GALP, no marco do Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o GALP para a aplicación da EDLP no período FEMPA 2021-2027. Establécese un salario bruto anual de 10.543,80 €, tendo en conta a redución proporcional do salario bruto anual que, para un contrato de traballo a tempo completo, sería de 16.869,84 €.

O salario bruto anual poderá ser actualizado anualmente en función da variación do índice de garantía da competitividade (IGC).

Duración do contrato: Quedará supeditada á implementación da totalidade da aplicación da EDLP do FEMPA 2021-2027 e do Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte.

Centro de traballo: O centro de traballo estará ubicado na sede do GALP (Rúa Curro, 33, Casa do Pescador, Miño). As persoas candidatas no proceso de selección deberán posuír o permiso de condución de clase B e dispoñibilidade de vehículo para eventuais desprazamentos no exercicio das súas funcións e nas reunións e accións de desenvolvemento que o requiran.

Xornada: A establecida polo GALP Golfo Ártabro Norte. Deberá ter dispoñibilidade horaria para a asistencia a reunións cos diferentes colectivos, axentes sociais e órganos da Asociación, que sexan requiridos para o axeitado desenvolvemento dos seus obxectivos.

BASES SELECCIÓN PERSOAL AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A en pdf