A vista da Resolución pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa MA100: subvencións a concellos para limpeza de praias marítimas no ano 2024, publicada no BOP nº 39 de 23 de febreiro de 2024,aprobáronse as seguintes Bases por acordo da Xunta Municipal de Goberno celebrada o 25/04/2024:

Bases Para A Provisión En Réxime Laboral Temporal De 7 Peóns Para Os Servizos Municipais De Limpeza De Praias Verán 2024.

PRIMEIRA.- OBXECTO.-

O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal de 7 PEÓNS co fin apoiar aos concellos da provincia no sostemento dos gastos da contratación dirixidos á limpeza de súas praias marítimas durante a tempada de verán.

SEGUNDA.- MODALIDADE.-

A modalidade de contratación, tendo en conta o obxecto da convocatoria será o contrato de traballo de duración determinada que só poderá celebrarse por circunstancias da produción, cunha duración de 2 meses (a determinar pola entidade contratante) e unha retribución mensual bruta (incluída parte proporcional das pagas extras) de 1.365,00 €/mes.

TERCEIRA.- SISTEMA DE SELECCIÓN.-

Nos termos do EBEP o sistema de selección, en atención ao obxecto, ao reducido prazo de contratación, á grave situación de desemprego existente no noso país (e concretamente na nosa comarca que ademais carece dun sector de aproveitamento primario e secundario), e á finalidade social que se lle pretende outorgar consistirá nunha baremación das circunstancias socioeconómicas aplicando os baremos establecidos no Anexo I e unha entrevista con exposición curricular acorde co posto a ocupar e as súas funcións.

CUARTA.- DURACIÓN DO CONTRATO E XORNADA LABORAL.-

A duración do contrato será de dous meses contados a partir da sinatura do mesmo. Os aspirantes que superen o proceso de selección, están obrigados a prestar unha xornada de 37,5 horas semanais, na medida e xeito requiridas polo interese do servizo, con horario de mañá, ou tarde, fraccionando a xornada se fose preciso, respetando os descansos semanais preceptivos.

QUINTA.- CONDICIÓN DOS ASPIRANTES.-

Para formar parte neste proceso de selección, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos referidos todos e cada un á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes:

  1. a) Ser español, ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, estes últimos, acorde co disposto na Lei 17/1993, de 23 de decembro.
  2. b) Ter cumpridos 16 anos.
  3. c) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes ó posto de traballo para o que se opta.
  4. d) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo ó Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme. 

SEXTA.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.-

As solicitudes para tomar parte no proceso de selección deberán facerse mediante instancia dirixida ó Sr. Alcalde, no modelo no Anexo II, que se facilitará a tal efecto no Rexistro Xeral do Concello, e presentaranse no propio Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 h.

Xunto coa instancia deberá achegarse a documentación que de seguido se relaciona.

  • Fotocopia do D.N.I.
  • Documentación a valorar no Anexo I
  • Fotocopia da Tarxeta de Demandante de Emprego
  • Informe de Vida Laboral actualizada.

No suposto de que non poda acreditarse a antigüidade como demandante de emprego mediante: “Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego actualizada” e “Informe de Vida Laboral”, deberá acreditarse mediante un Informe emitido pola Oficina do Servizo Público que Emprego no que figure a antigüidade do candidato como demandante de Emprego.

A apertura deste proceso de selección comezará o día seguinte a publicarse a presente convocatoria nun Xornal dos de maior tirada da comarca, ademais da súa publicación na páxina web do Concello de Ares.

O prazo de presentación de instancias  será de 10  días naturais.

SÉPTIMA.- COMISION DE SELECCIÓN.-

A Composición da Comisión Seleccionadora se determinará por Resolución da Alcaldía previa proposta do Concelleiro de Recursos Humanos, Plans, Emprego e Educación  no momento da finalización do período de solicitudes dos aspirantes ao posto.

Estará integrada por 5 membros: Presidente, 3 Vogais e Secretario, que poderán ser funcionarios do Concello de Ares ou Persoal Laboral fixo.

A súa vez, a Comisión Seleccionadora poderá neste caso servirse de apoio de Asesores que garden directamente relación e xestión co programa obxecto de financiación

OITAVA.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES.-

Expirado o prazo de presentación de instancias, a Comisión Seleccionadora avaliara as solicitudes presentadas e publicarase a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos (neste caso con indicación das causas que motivaron a exclusión) que se fará pública no Taboleiro de Anuncios e na páxina web do concello).

A continuación,  facilitarase un prazo de 5 días naturais para que todos aqueles aspirantes excluídos poidan emendar as deficiencias detectadas na súas solicitudes ou as causas da súa posibles exclusión e así mudar a listaxe de aspirantes definitiva que se fará pública no Taboleiro de Anuncios e na páxina web do concello).

NOVENA.- SELECCIÓN DE ASPIRANTES.-

A selección dos aspirantes por parte da Comisión Seleccionadora farase mediante un criterio de puntuación composto por dúas fases,  acadando a suma de ambas unha  puntuación máxima total de 10 puntos e a máxima que pode acadar cada aspirante.

Primeira fase.- A Comisión Seleccionadora, en base ás circunstancias socioeconómicas acreditadas pola documentación aportada polo propio solicitante e a que obre en poder do propio Concello, adxudicaralle a cada un deles a puntuación correspondente por estes criterios.

A puntuación máxima a acadar nesta fase no poderá exceder do 60% da puntuación máxima total.

Segunda fase.- A cada un/unha dos/as aspirantes previamente admitidos/as e valorados na primeira fase, realizaráselle unha entrevista con exposición curricular outorgándolles por esta unha puntuación correspondente.

A puntuación máxima a acadar nesta fase no poderá exceder do 40% da puntuación máxima total.

A puntuación final será a suma da acadada na primeira fase e na segunda fase, establecendo o resultado final que determinará o posto definitivo do aspirante.

DÉCIMA.- PROPOSTA DE CONTRATACIÓN.-

Concluída a cualificación do proceso de selección, a Comisión publicará no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal a relación de tódolos aspirantes coa puntuación final.

A comisión seleccionadora elevará á Alcaldía a correspondente proposta de contratación a favor dos/as aspirantes que obtiveron a puntuación total máis alta (a Comisión non poderá facer proposta de contratación a favor dun número de aspirantes superior ao das prazas convocadas ou propostas posteriormente).

UNDÉCIMA.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.-

Unha vez presentada a documentación á que se refire o apartado anterior, o órgano competente da corporación procederá á contratación a favor dos/as aspirantes propostos/as pola Comisión Seleccionadora, e será nula a contratación de quen estea incurso en causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

A formalización dos contratos terá lugar dentro do prazo de 10 días naturais, a contar dende a data de notificación do acordo de contratación.

Mentres non se formalicen os respectivos contratos e non se incorporen ao posto de traballo, as/os aspirantes non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.

DÉCIMO SEGUNDA.- NORMAS FINAIS.-

Primeira.- Para todo o non previsto nestas bases, ou aquilo que as contradigan, será de aplicación supletorio o establecido na Lei reguladora das bases de réxime local, na Lei de administración local de Galicia, Real Decreto 896/1991, Real Decreto 364/1995, e demais lexislación vixente que sexa de aplicación.

Segunda.- Todos os actos administrativos derivados desta convocatoria, así como a actuación da Comisión Seleccionadora, poderán ser impugnados polos/as interesados/as nos casos e na forma establecida pola Lei de procedemento administrativo e normas vixentes concordantes.

ANEXO I .

 

CRITERIOS PARA A SELECCIÓN DE PEÓNS PARA LIMPEZA DAS PRAIAS.

  1. a) Empadroados no Concello de Ares.
  2. b) Responsabilidades familiares: cónxuxe , fillos e fillas menores de vinteséis anos e persoas maiores dependentes .
  3. c) Persoas pertencentes aos colectivos con maiores dificultades de inserción, en especial os definidos como preferentes nos plans nacionais e autonómicos de Acción para o emprego e/ou atoparse en risco de exclusión social, atendendo aos informes dos servizos sociais municipais ou análogos.
  4. d) Tempo transcorrido dende o último emprego desenrolado.
  5. e) Experiencia laboral relacionada co posto de traballo a desenrolar.

BASES en pdf