CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DE AUXILIARES DE POLICIA LOCAL.
BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE TRES (3) AUXILIARES DA POLICIA LOCAL
1.- Obxeto da convocatoria.
O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal de tres (3) AUXILIARES DA POLICIA LOCAL, a través do procedemento de selección que se sinala nestas bases, de conformidade co disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, a Lei 7/1985, de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, a Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia, Lei 4/2007 de coordinación de Policías locais de Galicia, Decreto 15/2023, de 12 de xaneiro, polo que se desenrola a Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais, e a Orden de 28 de xaneiro de 2009, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna, e movilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixiantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixiantes municipais e da contratación de auxiliares da policía de tempada, manterá a súa vixencia nas materias que non se opoñan ó disposto neste decreto, e mentras non se publiquen no Diario Oficial de Galicia as disposicións necesarias para adaptala ás previsións do Decreto 15/2023, de 28 de xaneiro.
1.2.- A modalidade contractual será a de un contrato temporal por tres meses ( circunstancias da produción para atender situacións ocasionais, previsibles e que teñan unha duración reducida e delimitada).
1.3.- As retribucións mensuais serán as previstas orzamentariamente.
2. Requisitos das persoas aspirantes.
As persoas interesadas en participar neste proceso deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter os seguintes requisitos:
- Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, nos termos previstos no artigo 57 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado a través do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do
- Ter feitos os dezaoito anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima establecida no artigo 53.1.c) do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de
- Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que termine o prazo de presentación de No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán acreditar a súa homologación.
- Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou Será aplicable, non obstante, o beneficio da rehabilitación conforme as normas penais e administrativas, que a persoa aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.
- Carecer de antecedentes penais por delito
Todos os requisitos anteriores deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos durante o procedemento de selección, contratación e/ou permanencia na listaxe de reserva.
3. Solicitudes.
3.1. Forma e prazo de presentación.
As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao Alcalde na que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na Base segunda desta convocatoria, referidos sempre ao día en que remate o prazo de presentación de instancias, e o número de teléfono de contacto, a efectos do disposto na Base sétima.
As citadas solicitudes presentaranse no Rexistro xeral do Concello en horas de oficina durante o prazo de dez días hábiles, que se iniciará ao día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria nun xornal dos de maior difusión da zona. Tamén se publicará no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello e na páxina web do Concello de Ares (“Contratación de Persoal “ ).
Así mesmo poderanse presentar na forma que determina o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; neste caso, os concursantes deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias. Se, conforme a este precepto se presentan a través das oficinas de correos, deberá aparecer o selo na propia solicitude. Doutro modo, a data de anotación no Rexistro xeral será a que se teña en conta a tódolos efectos.
3.2.- Necesaria e inexcusablemente xunto coa solicitude para tomar parte neste proceso selectivo os aspirantes deberán achegar a seguinte documentación:
- Xustificante acreditativo de ter ingresado na Tesourería Municipal a cantidade de dez euros (10,00 €) en concepto de dereitos de exame. Este importe poderá facerse efectivo directamente nas arcas municipais ou mediante xiro postal ou telegráfico así como mediante ingreso na seguinte conta na oficina de Ares do Banco Santander : número ES88 0238 8160 1606 6000 0173, facendo constar os datos persoais do/a aspirante e praza á que opta. A ausencia do abono dos dereitos de exame dentro do prazo de presentación de instancias, determinará a exclusión do/a aspirante e non poderá ser obxecto de subsanación.
- Fotocopia do
- Fotocopia da titulación esixida na Base 2ª.d desta
- Certificado médico orixinal referido, acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida exercer a función propia a desempeñar. Deberá constar tamén expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias axeitadas para a realización dos exercicios que se especifican nas probas físicas sinaladas na Base 6ª
Para que teñan validez neste proceso selectivo, os documentos que se presenten deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou castelán). No caso de se tratar de documentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado Español ou doutros países, para que teñan validez deberán estar redactados na lingua castelá ou traducidos polo organismo competente da respectiva comunidade, ou debidamente validados e apostilados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente.
3.3.- Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan e acatan todas e cada unha das Bases desta convocatoria.
As citadas solicitudes presentaranse no Rexistro xeral do Concello en horas de oficina durante o prazo de dez días hábiles, que se iniciará ao día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria nun xornal dos de maior difusión da zona. Tamén se publicará no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello e na páxina web do Concello de Ares (“Contratación de Persoal “ ).
3.4.- As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3.5.- A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegadas polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.
4.- Admisión de aspirantes.
4.1.- Rematado o prazo de presentación de instancias, o Alcalde ditará resolución no prazo máximo de quince días declarando aprobada a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación, se é o caso, das causas de exclusión. Esta resolución publicarase no taboleiro de edictos do Concello e será determinante para os efectos de posibles impugnacións e recursos, de conformidade co previsto na Lei. Así mesmo, e sempre que sexa posible, a citada resolución publicarase a título informativo e complementario, na páxina web municipal.
Os/as aspirantes excluídos/as, dispoñen dun prazo dez (10) días hábiles, seguintes aos da publicación da antedita resolución, para presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos, nos termos do art. 68 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
4.2.- Posteriormente, o Alcalde declarará aprobada a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as, que se publicará no taboleiro de edictos do Concello. Na mesma resolución o Alcalde determinará o lugar, data e hora da celebración do primeiro exercicio, así como a composición do Órgano de selección. Sempre que sexa posible, a citada resolución publicarase, a título informativo e complementario, na web municipal.
4.3.- De non existir aspirantes excluídos/as, o Alcalde elevará a definitiva a listaxe provisional na mesma resolución de aprobación.
4.4.- A presentación de reclamacións, no seu caso, non suspenderá o proceso selectivo, salvo que así o acorde a Alcaldía.
5.- Tribual cualificador
O tribunal cualificador será designado por Decreto ou Resolución da Alcaldía, no momento de aprobación das listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as, e a súa formación seguirá os criterios do artigo 60 do
Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. Estará formado do seguinte xeito:
- Presidente: un/unha traballador/a da Administración pública, sexa funcionario/a ou persoal laboral fixo.
- Vogais: tres traballadores/as da Administración pública, sexan laborais fixos/as ou funcionarios/as.
- Secretario/a: o da Corporación ou suplente designado. Actuará con voz e sen
Todos/as os/as compoñentes deberán contar con titulación académica ou especialización profesional igual ou superior á esixida para o acceso ás prazas.
O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos membros (titulares ou suplentes, indistintamente). En todo caso, será precisa a asistencia do presidente e do secretario.
O tribunal poderá dispoñer a incorporación de asesores/as especialistas para as probas que considere pertinentes, que se limitarán ao exercicio das súas especialidades técnicas en base exclusivamente ás cales colaborarán co órgano de selección.
O tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nestas Bases.
Os membros dos tribunais deberán absterse de formar parte de estes cando concorran as circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, notificándoo á autoridade convocante.
Os/as aspirantes poderán recusalos de acordo co artigo 24 da mencionada Lei 40/2015 de 1 de outubro de réxime xurídico do sector público.
Para os efectos de percepción de asistencias polos membros concorrentes ás sesións dos tribunais, estes estarán clasificados nas categorías que establece o número 1 do artigo 30 do Decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.
En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superou o proceso un número superior de aspirantes ao de postos convocados. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.
Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
6. Desenvolvemento do proceso.
- O procedemento de selección será o de oposición por quenda libre e posteriormente as persoas que superen este proceso selectivo serán contratadas en réxime laboral
- As probas selectivas son as que a seguir se describen, as cales realizaránse pola orde establecido no artigo Do Decreto 15/2023 polo que se desenvolve a Lei de Coordinarión de Policías Locais de Galicia :
A. Proba de coñecementos.
Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 50 preguntas tipo test e deberá amosar o dominio dos contidos do temario.
Para cada cuestión proporanse tres respostas alternativas, das cales só unha delas será a correcta. As persoas aspirantes disporán dun tempo máximo dunha (1) hora para a súa realización.
A proba cualificaraa o tribunal de 0 a 10 puntos, e será preciso acadar cinco puntos, como mínimo, para non quedar eliminado/a. A cualificación farase atendendo á seguinte fórmula: N=(A-F/3)/5, onde N=nota final da proba; A=preguntas acertadas; F=preguntas erradas ou en branco.
Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do temario que no momento da publicación desta orde conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.
No prazo das 48 horas seguintes, publicarase o contido do exercicio e as respostas correctas no mesmo lugar onde se realizou e no portal web do Concello de Ares : ww.concellodeares.gal
O temario para realizar esta proba de coñecementos é:
- O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A organización e funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno local. Outros órganos
- Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.
- A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.
- Lei de coordinación das policías locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: disposicións xerais e faltas
- A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo. Abastos. Mercados. Venda ambulante. Espectáculos e establecementos públicos.
- A actividade da policía local como policía administrativa II: urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina
- Delitos e delitos leves. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e cómplices.
- Delitos contra a seguranza viaria. Faltas cometidas con ocasión da circulación de vehículos de motor. Lesións e danos
- Lei de seguranza viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos
- Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso, cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguranza.
- Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade. Carencia do seguro
- A policía como servizo público. A policía local como policía de proximidade e de servizo. O auxiliar de policía e as súas funcións. Responsabilidades do auxiliar de policía.
B. Proba de avaliación do coñecemento da lingua galega.
Consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego e doutro texto do galego para o castelán.
Os textos serán elixidos polo tribunal inmediatamente antes de se realizar a proba.
O exercicio terá unha duración máxima dunha hora (60,00 min.) poidéndose realizar inmediatamente despois do remate da proba de coñecementos ou ben na data que designe a Comisión seleccionadora.
O exercicio valorarase como apto/a ou non apto/a e para superalo será necesario obter o resultado de apto/a. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar o resultado de apto/a.
Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten, dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo, que posuían o Celga 3 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).
C. Probas de aptitude física.
As probas físicas terán a cualificación de apto ou non apto. Para obter a cualificación de apto os aspirantes deberán acadar as marcas mínimas ou non superar as máximas que se establecen para cada proba.
1. Potencia tren inferior: salto vertical.
Realizarase nun ximnasio ou lugar semellante con chan horizontal e cunha parede vertical e lisa.
A persoa aspirante colocarase en posición de partida, en pé, de lado xunto a unha parede vertical, cun brazo totalmente estendido cara a arriba e sen levantar os talóns do chan, e marcará cos dedos a altura que alcanza nesa posición. O exercicio executarase separándose 20 centímetros da parede e saltando tan alto como se poida, e marcarase novamente cos dedos o nivel alcanzado.
Para a correcta realización da proba deberanse observar as seguintes regras:
- Pódense mover os brazos e flexionar o tronco e os xeonllos, pero non se pode separar do chan ningunha parte dos pés antes de
- Hai que realizar o salto cos dous pés ao mesmo
- Permítense dous intentos, só ás persoas aspirantes que fagan nulo no
A distancia entre a marca feita desde a posición de partida e a acadada co salto deberá ser igual ou superior á mínima (en centímetros) establecida no seguinte cadro para cada sexo e grupo de idade.
18-36 anos | 37-48 anos | 49 anos o máis | |
Homes | 41 cm | 33 cm | 29 cm |
Mulleres | 32 cm | 28 cm | 25 cm |
2. Resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos.
Realizarase en pista de atletismo ou en calquera zona totalmente chaira de terreo.
A persoa aspirante colocarase na pista no lugar indicado. A posición de saída realizarase en pé. Só se permite un intento.
A persoa aspirante que abandone a carreira quedará excluída.
A proba consistirá en correr a distancia de 1.000 metros no tempo máximo (en minutos e segundos) que se recolle na seguinte táboa para cada sexo e grupo de idade:
18-36 anos | 37-45 anos | 46 anos o máis | |
Homes | 4′30″ | 5′00″ | 5′15″ |
Mulleres | 5′00″ | 5′30″ | 5′45″ |
Para realizar esta proba, as persoas aspirantes deberanse presentar provistas de indumentaria deportiva.
Sete. Desenvolvemento dos exercicios.
- A orde de actuación das persoas aspirantes será a orde alfabética e comezará por aquelas persoas cuxo primeiro apelido comece pola letra H, consonte o establecido na Resolución do 31 de xaneiro de 2024 pola que se fai público o resultado do sorteo ao que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de
- As persoas aspirantes deberanse presentar a cada exercicio provistas de DNI ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa
En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.
- Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas como
- Durante o tempo fixado para realizar as probas non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil, reloxos ou soportes con memoria; queda prohibido o acceso ao recinto con tales dispositivos e constitúe causa de inadmisión ao chamamento a simple tenza
- O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas, salvo os casos debidamente xustificados, que resolverá o
- En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Alcaldía para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu
- O anuncio de realización dos exercicios publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Ares con dous días, polo menos, de antelación á data sinalada para o seu
- Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que as persoas interesadas poden presentar, anulase algunha ou algunhas preguntas incluídas na proba de coñecementos, anunciarao na páxina web doNeste suposto, e no caso que se tivesen realizado, serán tidas en conta as cuestións de reserva, que terán unha puntuación igual ás do resto de exercicio.
- A puntuación das persoas aspirantes que superen todas as probas do proceso selectivo virá determinada pola puntuación do primeiro
Tendo en conta que nos corpos da Policía Local de Galicia existe infrarrepresentación feminina, no suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:
- Criterio de desempate recollido no artigo 49 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, segundo o cal o empate se resolverá a favor da
- Menor tempo acadado na proba de resistencia xeral, carreira de 1.000 metros lisos, que se aplicará en función dos tramos de idade e sexo previstos nos baremos
- En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas
- As persoas aspirantes poderán efectuar alegacións ás súas cualificacións en cada proba ou fase do proceso selectivo, dentro dos dous días seguintes ao da súa publicación.
8. Curso de formación.
As persoas aspirantes aprobadas deste proceso selectivo deberán superar un curso de formación teórico-práctico na Agasp como requisito indispensable para seren contratadas como auxiliares de policía local, de conformidade co disposto no artigo 95.6 da Lei 4/2007, do 20 de abril, e no artigo 48 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro.
Só estarán dispensadas de realizar este curso aquelas persoas que xa o realizasen, cunha válidez máxima de catro anos naturais.
No caso da non incorporación ao curso ou de abandono deste sen rematalo, salvo por causas excepcionais, considerarase que a persoa aspirante non superou o proceso selectivo.
9. Listaxe de persoas aprobadas, listaxe de reserva e listaxe de colaboración para contratar persoal auxiliar de policía local, elección de postos e presentación de documentación.
Unha vez rematado o proceso, o tribunal elaborará por orde decrecente da puntuación a listaxe de persoas aprobadas. O número destas persoas non poderá superar o de postos convocados.
Así mesmo, o órgano de selección elaborará, tamén por orde decrecente de puntuación, unha listaxe de reserva cun número de persoas aspirantes, que será como máximo igual ao de persoas aprobadas. Na listaxe de reserva figurarán aquelas persoas aspirantes que, aínda que superaron as probas dos proceso selectivo, non resultaron aprobadas por obteren unha puntuación inferior á da última persoa que obtivo posto.
10. Procedementos penais ou administrativos pendentes.
Cando as persoas que participan no proceso selectivo teñan aberto, ou se lles abra con posterioridade, un procedemento penal ou administrativo que puider rematar cunha condena por delito doloso, coa separación do servizo das administracións públicas ou a inhabilitación para o exercicio das funcións públicas, a admisión no procedemento selectivo, a permanencia neste, así como a súa inclusión na lista de persoas aprobadas, na lista de reserva e na lista para a colaboración para a contratación de persoal auxiliar de policía local, quedarán condicionadas ao feito que nos citados procedementos non se produza a condena ou separación referida.
- Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, o tribunal encargado de xulgar o proceso e as persoas que nel
- Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polo tribunal, pola autoridade convocante ou polo órgano encargado da xestión poderán ser impugnados polos/as interesados/as de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
11.- Presentación de documentos: Unha vez que o/a aspirante chamado/a compareza e acredite que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos nas presentes Bases, mediante resolución da Alcaldía procederase á súa contratación para o desempeño do posto de traballo correspondente.
Disporán dun prazo de cinco días desde que sexan chamados para presentaren no rexistro do Concello os documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos esixidos na Base 2ª desta convocatoria, sempre que non foran xa aportados no momento de presentación das instancias.
Se dentro do prazo indicado, salvo casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo órgano convocante, os/as candidatos/as propostos/as non aportaran a documentación requirida ou non acreditaran reunir os requisitos esixidos, non se procederá á súa contratación, quedando anuladas todas as actuacións con respecto deles/as, sen prexuízo das responsabilidades en que puideran ter incorrido por falsidade na instancia ou na documentación presentada para tomar parte no proceso selectivo.
12.- Formalización do contrato: Unha vez presentada a documentación, o órgano competente da Corporación procederá á contratación a favor dos/as aspirantes propostos/as, e será nula a contratación de quen estea incurso en causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.
A formalización dos contratos farase dentro do prazo de cinco días naturais, a contar desde a data de notificación do acordo de contratación, sendo contratados inicialmente para empezar no mes de abril os catro primeiros aspirantes e os dous últimos aspirantes seguindo a orde de puntuación o mes de maio.
Previamente á sinatura do contrato, os/as aspirantes deberán subscribir a declaración sobre incompatibilidades á que se refire o artigo 13.1 do real Decreto 58/1985, de 30 de abril.
Mentres non se formalicen os respectivos contratos e non se incorporen ao posto de traballo, os/as aspirantes non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.
As persoas contratadas estarán obrigadas a prestar a súa xornada de traballo na medida e formas requiridas polo interese e particularidades do servizo, sempre se acordo coa lexislación aplicable, sendo a xornada de 37,5 horas de promedio en cómputo semanal. Quedarán sometidas a un período de proba co alcance previsto no artigo 14 do Estatuto dos Traballadores, estando suxeitas á lexislación laboral pertinente.
13.- Publicidade do proceso selectivo
A publicidade dos distintos actos derivados deste proceso selectivo, así como as comunicacións a que dese lugar, realizaranse mediante publicación no taboleiro de edictos deste Concello.
Coa finalidade de facilitar o acceso á información dos aspirantes, e sempre con carácter complementario, tanto as convocatorias e bases como os sucesivos anuncios relativos ao proceso selectivo, poderán ser obxecto de publicación na web municipal, unha vez feita a publicación no taboleiro de anuncios do Concello. Estas publicacións na web non terán validez a efectos de cómputo de prazos e a información de carácter persoal contida nas mesmas será posible baixo a consideración de que os aspirantes, coa sinatura da instancia solicitando participar no proceso selectivo, se someten e aceptan todo o clausulado establecido na presente convocatoria e bases reguladoras. Os restantes usos dos datos persoais contados nas solicitudes será de carácter interno e uso restrinxido.
14.- Protección datos de carácter persoal:
De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/199, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais serán incorporados a un ficheiro de titularidade do Concello de Ares, autorizando ao tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación co desenvolvemento do proceso selectivo. Poderanse exercitar os dereitos de acceso, rectificación ou cancelación dos mesmos enviando unha solicitude por escrito, acompañada de fotocopia de DNI, dirixida ao Concello de Ares, Avda. Saavedra Meneses, 12 – 15624 – Ares.
15.- Para todo o non previsto nestas bases, ou naquilo que as contradigan, será de aplicación supletorio o establecido na Lei reguladora das bases de réxime local, na Lei de Administración local de Galicia, Real Decreto 896/1991, Real Decreto 364/1995, e demais lexislación vixente que sexa de aplicación.
16.- Tódolos actos administrativos derivados desta convocatoria, así como da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polos/as interesados/as nos casos e na forma establecidos pola Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas e normas vixentes concordantes.
A presentación de reclamacións non suspenderá a continuación do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante deste.
17.- Contra as presentes bases e a resolución que as aproba, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso – administrativo ante o Xulgado Contencioso – Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria.
Con carácter potestativo e previo, poderá interpor recurso de reposición ante o mesmo órgano que adoptou o acordo de aprobación, no prazo dun mes (contado desde ao día seguinte ao da publicación da convocatoria). Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso – administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recursos de reposición interposto. Neste último suposto, o prazo para a interposición do recurso contencioso – administrativo será de seis meses contado desde o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Todo iso sen prexuízo do que poida exercitar calquera outro que considere procedente.