Convocatoria bolsa traballador/a social

EDICTO

Aprobadas na Xunta Local de Goberno do día 30 de outubro de 2023 as Bases do proceso selectivo para a forma-        ción dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de persoal como traballador/a social así como á vista de que durante o ano 2023 a Lei 31/2022, de 23 de decembro de Orzamentos Xerais     do Estado para o ano 2023 establece que non se pode proceder á contratación de persoal temporal, nin ao nomeamento     de persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinos (art. 20.cinco), e apreciando causas excepcionais, urxentes e inaplazables que afecta a un servizo-función considerado prioritario e que afecta ao funcionamento dos servizos públicos esenciais como é o normal funcionamento dos servizos sociais segundo memoria da concelleira-delegada e vir xustificada      a contratación por causas excepcionais, urxentes e inaplazables.

Pola presente faise convocatoria con arranxo ás presentes bases cos prazos e forma que as mesmas determinan

BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL COMO TRABALLADOR/A SOCIAL.

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

O obxecto da convocatoria é a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos nos postos de traballor/ra social encadrados na Escala de Administración Especial,  Subescala  Técnica Media, grupo “A2”, do Concello de Ares, tanto a xornada completa como parcial.

A presente selección regularase polo previsto nas presentes bases e no que estas non prevean polo establecido en :

  • RD Lei 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público.
  • Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
  • Lei 30/84, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública.
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
  • Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto lexisla- tivo 781/1986, de 13 de xuño.
  • Lei 5/1997, do 22 de xullo, da administración local de
  • Decreto lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da  Lei  da  función pública de
  • Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de
  • Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a  que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración
  • Con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña a Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de
  • Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demais disposicións aplicables, así como a orde xa citada.

BASES en pdf