Ares simboliza su condición de «Puerto Xacobeo» con la instalación de un hito

Comparte esta nota de prensa

15 xuño 2021 14:00
O Porto de Ares xa conta coa súa identificación como “Porto Xacobeo” coa colocación dun fito na explanada da área dedicada á náutica dentro do recinto portuario. Os indicadores foron instalados por iniciativa da Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, no marco das accións vinculadas ao Xacobeo 21-22, que inclúe a colocación de 28 fitos para identificar a todos os portos deportivos de titularidade pública autonómica, ademais dos portos galegos de interés xeral do Estado. Este xesto simbólico coincide coa chegada a Galicia da travesía de peregrinación marítima «Navega o Camiño». Estes fitos, deseñados polo arquitecto Lucas Díaz, consisten nun banco con forma de onda, fabricados en formigón armado branco, co que se simboliza o perfil costeiro de Galicia, as súas montañas e os ríos que conflúen no mar, evocando as sinuosas curvas que forman os camiños na peculiar orografía do territorio da comunidade. Ademais, estas pezas inclúen unha nota co nome de cada porto, e unha glosa sobre a súa orixe e a actividade histórica vinculada á tradición xacobea, baseada no estudo do investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), e doutor en Historia Medieval da Universidade de Vigo, Francisco Javier Pérez Rodríguez. No caso do Porto de Ares, a reseña alude á súa orixe documentada do s.XIII e á súa actividade histórica vinculada á pesca.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Hoy conmemoramos el nacimiento de una de las voces literarias más importantes de toda Galicia, esa que iluminó nuestra cultura desde el siglo XIX y que aún pervive en la actualidad: Rosalía de Castro, la gran poeta y autora de Cantares Gallegos. El Ayuntamiento se suma al Día de Rosalía que se celebra este 23 de febrero y recordamos su figura, fundamental para comprender la identidad de los gallegos y gallegas!

Hoy conmemoramos el nacimiento de una de las voces literarias más importantes de toda Galicia, esa que iluminó nuestra cultura desde el siglo XIX y