CASA CONCHA AMADO
Avda. Gaspar Rodríguez, 84
Con tan só 13 anos, José lópez Martínez, emigra a Cuba xunto con algúns veciños.
Era o ano 1894.
Despois dalgunhas voltas da vida, acaba traballando nunha ferretería e pouco a pouco, e con certa prosperidade, decide remodelar a casa natal.
Novamente, Domingo Pires, xunto con Domingo Viana, confeccionan motivos decorativos con moldes de escaiola que tiñan moi ben custodiados: xirasois, grifos alados, cabezas de ovella e león…, deixando así unha pegada máis nesta vila.
O encargado da obra foi o veciño e construtor de Franza Germán Brage.
A vivenda indiana presenta moitas peculiaridades volumétricas, xa que a súa construción foi en diferentes fases (1915-1919)
Actualmente as vivendas están habitadas polas irmás Marisa e Concepción Naveiras López, que coidan con amor parte da historia de Redes.
Nunha das fachadas, pódese ver unha fiestra redonda no faiado, dende onde moitos ollos puideron ver o mar durante anos.
Pero… as fantasmas que habitan os faiados aínda estarán mirando pola xanela? Quen percorre os corredores, durme nas camas que viñeron de Cuba ou custodia os baúis? Pero para saber máis terás que escoitar a audioguía que podes atopar aquí:
Un de Santiago, unha de Mugardos, e un de Lugo, pasean por Redes. Que nos poderán contar eles que nós non saibamos?