VII EDICIÓN DEL CONCURSO DE FOTOGRAFÍA JUVENIL CONCELLO DE ARES

Comparte este evento

El objetivo de este concurso es invitar la juventud a mirar en su entorno aresano como contexto donde reconocer su herencia a través de las imágenes, despertando la capacidad de observar todo lo que les rodea y reconocerse en pequeñas historias y/o paisajes que den canta de su vencellamento con una memoria colectiva de este pueblo. En concreto, invitamos a fotografiar espacios, lugares, objetos, fiestas y eventos representativos y situaciones de su entorno que consideren parte de su identidad.

QUEN PODE PARTICIPAR?

Pode participar xente nova de 8 a 18 anos, empadroada en Ares ou que sexa alumnado do (PI As Mirandas.

CALES SON AS CATEGORÍAS?

  • CATEGORÍA A: De 8 a 12 anos
  • CATEGORÍA B: De 13 a 18 anos

PRAZOS E LUGAR DE ENTREGA

A recepción das obras participantes farase a través do correo electrónico: concursofotografia@concellodeares.com

O prazo de presentación será: Do 18 de outubro ás 09:00 h. ata o 4 de novembro ás 20:00 h.

COMO PARTICIPAR?

Poderase mandar un máximo de dúas fotografías por participante e achegar os seguintes datos no correo electrónico que se envíe: ASUNTO: VII CONCURSO DE FOTOGRAFIA XUVENIL CONCELLO DE ARES

AUTOR E OBRAS: Formularios de solicitude de participación e de identificación das fotografías cubertos, asinados e escaneados.Poderá descargar os formularios na páxina web do concello www.concellodeares.gal

No caso de que nas fotografías aparezan terceiras persoas deberá achegar escaneada tamén a autorización de imaxe asinada por elas.

CARACTERÍSTICAS DAS FOTOGRAFÍAS

  • Todas as fotografías deben conter os datos mencionados no parágrafo anterior
  • So serán admitidas as fotografías en formato dixital e non estará permitido editalas ou melloralas
  • As fotografías deben ter entre 6 e 12 Megapíxels, en formato JPEG ou JPG
  • As fotografías non poden conter imaxes violentas, degradantes ou ataques directos a individuos ou organizacións. Calquera fotografía considerada ofensiva será descalificada . As fotografías non deben infrinxir os dereitos de terceiros
  • As fotografías deben ser orixinais, tomadas ao longo do 2023 e non publicadas con
  • anterioridade, así como non ter sido presentadas noutros concursos

FALLO E PREMIOS

O xurado designado pola Concellaría de Cultura, avaliará as fotografías recibidas en base a: o adecuado seguimento das bases, a creatividade, a orixinalidade da obra e a representatividade do pobo

Elixiranse un total de 6 fotos (3 de cada categoría agás excepción motivada do xurado) . Cada participante poderá ser finalista só cunha das fotografías presentadas, polo que, no caso de coincidir, o xurado deberá elixir outra no seu lugar.

PREMIOS:

A- As fotografías gañadoras pasarán a formar parte do calendario do concello 2024 que se reparte por todo o municipio, identificando a autoría daquelas.

B- Categoría A: 1º PREMIO- Cámara de fotos ou Table E 2º 3º PREMIO – Un lote de libros

Categoría B: 1º PREMIO- Cámara de fotos ou Table E 2º 3º PREMIO – Un lote de libros

CONDICIÓNS XERAIS

  • As persoas participantes no concurso deberán enviar as súas fotos con toda a documentación requirida, en caso contrario non serán admitidas
  • No momento de enviar as fotos, as persoas participantes conceden de xeito gratuito o dereito de usar as fotos de calquera xeito e en calquera medio, incluíndo o dereito sen limitación, de publicar, distribuir, modificar, adaptar e amasar publicamente dito contido
  • O Concello de Ares non asume ningunha responsabilidade por calquera retraso ou perda no envío das fotos
  • As persoas participantes aceptan as bases polo mero feito de participar no concurso
  • Non poderán participar as persoas gañadoras dos primeiros premios da edición anterior

Prazo: Do 18 de outubro ao 4 de novembro

Envío: de xeito electrónico a concursofotografia@concellodeares.com Categorías: de 8 a 12 anos e de 13 a 18 anos

Información e dúbidas: na OMIX (Edificio Alianza Aresana, Rúa María 11, Ares) ou no teléfono: 981448057

FORMULARIO AUTORIZACIÓN DE IMAXES A TERCEIROS en pdf

FORMULARIO DE INSCRICIÓN en pdf

BASES DO CONCURSO en pdf

Susbcríbete a máis Eventos

Envíanos o teu correo e manterémoste informado

Pódeche interesar...

Eventos

Samaín en la Biblioteca

‘Una biblioteca de miedo’ es el nombre que recibe la busca de pistas que se promoverá la próxima semana en tres turnos distintos. Se trata de

Eventos

Academia AresxSalud

La Academia AresxSaúde con la con la siguiente relación de charlas.   8 de NOVIEMBRE, 19h. Antonio Rial Boubeta (Psicólogo): “Cómo promover un uso saludable,