JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER:
A empresa ufd grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que o día próximo día 29 de agosto, de 0:00 a 2:00 horas, co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, van proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na subministración de electricidade nos seguintes lugares TOTAL OU PARCIALMENTE en CHANTEIRO -ARES- (CHAEIRA). IXOBRE (ALDEA IXOBRE). REDES (ABAJO, ARRIBA, AVENIDA GASPAR RODRIGUEZ, CALLEJON, CAMINO SEARA, CURBEIRO, IGLESIA, LIÑARES, MEDIO, NUEVA, PLAZA PEDREGAL, RIBERA). SOLAINA (ALDEA SOLAINA) durante ese intervalo de tempo.
O teléfono que proporcionan para aqueles que desexen calqueira aclaración ao respecto é 900 333 999.
Ares, 28 de agosto do 2023
O alcalde,
Fdo.: Julio Ignacio Iglesias Redondo