JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER:

 A empresa UFD grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que o día próximo día 22 de agosto, de 4:00 a 6:00 horas, co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, van proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na subministración de electricidade en todo o núcleo urbano de Ares durante ese intervalo de tempo.

O teléfono que proporcionan para aqueles que desexen calqueira aclaración ao respecto é 900 333 999.

 

Ares, 18 de agosto do 2023

 

O alcalde,

Fdo.: Julio Ignacio Iglesias Redondo