El Ayuntamiento presenta la oferta deportiva municipal para el verano: Campamentos deportivos urbanos, Juegos en las parroquias, Juventud Verano Activo y Te mueve VeraneAres

Comparte esta nota de prensa

A área de Deportes desprega unha ampla planificación que abrangue dende os máis pequenos, con xogos nas parroquias e un campamento urbán, á mocidade, incluíndo 9 programacións como manexo de drons, grappling ou danzas urbanas.

O período de inscrición abrirá este luns, 12 de xuño, ata o luns, 19 (no caso de empadroad@s). Dende o 21 en adiante, poderán solicitar prazas o resto de persoas.

O municipio de Ares comeza a quentar os motores para a chegada do verán, despregando como é habitual unha ampla variedade de actividades co foco posto tanto na conciliación como na diversión, cunha planificación que abrague desnde os máis pequenos á mocidade.

Na mañá de hoxe, a Concellaría de Deportes anunciou os eixos do VeraneAres Deportivo 2023, o programa que se desenvolverá ao longo de xullo e agosto en tres principais quincenas ou quendas: do 3 ao 14 de xullo (1ª quenda), do 17 ao 31 de xullo (2ª quenda) e do 1 ao 14 de agosto (3ª quenda).

Porén, a esta oferta deportiva haberá que engadir os restantes eventos específicos que recalarán no municipio e que se anunciarán ao longo dos vindeiros días: dende campus de fútbol e baloncesto á milla urbana ou travesía a nado.

Unha aposta pola conciliación familiar a través do deporte

Pola outra banda, os xogos nas parroquias seguirán a dinamizar os núcleos sociais de Cervás, Caamouco e Chanteiro, tamén aliviando a pais, nais, avós e outros membros das familias na súa cotiandade. Os xogos nas parroquias, tendo en conta o aumento de habitantes neses espazos, promoverá a convivencia entre iguais a través do lúdico e do deportivo.

9 principais actividades para as rapazas e rapaces

Baixo o nome de “Xuventude Verán Activo”, a Concellaría de Deportes propón á rapazada dos 12 aos 16 anos diferentes actividades máis complexas e específicas, que inclúen dende o contacto coas novas tecnoloxías ao movemento e o eido náutico.

Ares terá, por exemplo, grupos de manexo de drons; paddlesurf, kaiak e voleipraia; deportes de raqueta como padel ou tenis de mesa, baseadas, e ata a práctica de  Jiu-Jitsu, grappling ou danzas urbanas. Todas elas contarán con 12 prazas por quincena en cada grupo.

A inscrición para este conxunto de actividades arrancará o luns, 12 de xuño, ata o 19 no caso de empadroad@s e, dende o 21 en adiante, para non-empadroad@s, con variedade de prezos en función do que se elixa. A reserva de prazas será telemática no apartado de VeraneAres Deportivo 2023, dentro da páxina web municipal (www.concellodeares.gal).

Dúas actividades deportivas ao aire libre e totalmente de balde

Paralelamente a este proceso de reserva, o municipio contará con sesións de balde de ZumbAres e bailes latinos, sobre todo tras a boa acollida nos períodos estivais pasados. Son actividades que hibridan a música, o deporte, a diversión e o ocio ao aire libre.

Durante todo o mes de xullo e a primeira quincena de agosto, a Praza da Constitución de Ares encherase de coreografías e deporte de 20:30 a 21:30 horas. Os martes desenvolveranse as sesións de baile latino, mentres que todos os xoves haberá clases de zumba.

As inscricións neste caso teñen un proceso distinto ás anteriores: serán reservas por xornada ata as 11:00 horas do día anterior á actividade, ben no 981 448 057, ben inscribíndose en persoa na Alianza Aresana.

ENLACES FORMULARIOS INSCRICIÓNS: O período de inscrición abrirá este luns, 12 de xuño, ata o luns, 19 (no caso de empadroad@s). Dende o 21 en adiante, poderán solicitar prazas o resto de persoas.

 

Pódeche interesar